sobre nós

Xuntámonos a finais do 2018 para armar un fanzine en papel na comarca de Valdeorras. Buscamos xerar espazos de difusión colectiva crítica para novas creadoras. O noso ADN é heteroxéneo, organizámonos en asemblea. Editamos tres autoras en formato de ‘microedición’ e organizamos jams, micros abertos de poesía e outros eventos culturais. Levamos cinco números e un especial -Barullo con dor de ovarios- contando con máis de cincuenta autoras de todas as disciplinas.

Se queres armar barullo, escríbenos en barullonarede@gmail.com


Se queres ler máis… 👇